68 parcelas das 259 dispoñibles xa están ocupadas no Parque Empresarial de Nantes

Sanxenxo
21 de xaneiro 2024

O Concello de Sanxenxo indica que durante 2023 foron tramitadas licenzas para ocupar catorce novas parcelas, que suman unha superficie de 24.307 metros cadrados. Este espazo dispón de 259 parcelas para actividades económicas cunha superficie total de 310.000 m2

Parque empresarial de Nantes
Parque empresarial de Nantes / Concello de Sanxenxo - Arquivo

259 parcelas que conforman o parque empresarial de Sanxenxo, situado en Nantes, para actividades económicas. En total, trátase de 310.000 metros cadrados de superficie. 

A estes espazos súmanse 15 parcelas reservadas para o Concello. En tres destes espazos iniciaranse nuns meses as obras da nova sede de servizos, policía local e emerxencias, segundo avanza o Concello de Sanxenxo.

Outras catro parcelas destináronse a servizos xerais como a subestación eléctrica.

Actualmente, 68 terreos atópanse ocupados, chegando aos 89.307 m2, con actividade ou con creación de instalacións.

En 2023 tramitáronse licenzas para ocupar 14 novas parcelas (24.307 m2). Entre as actividades que se poñerán en marcha destaca un centro comercial que ocupará cinco espazos, superando o terreo que ocupaba Mercadona, que se sitúa en 10.000 m2. 

Tamén se establecerá un ximnasio, unha gasolineira, taller de carpintería e dous almacéns.

O parque empresarial suma cinco anos de existencia desde a súa apertura. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, indica que este proxecto cumpre o obxectivo de ofrecer un plan B económico para complementar a actividade de xerar emprego principal da vila, que é o turismo.