75 peregrinos participan na etapa entre Ponte de Lima e Rubiães

Pontevedra
14 de xuño 2021

Durante este domingo 13 de xuño, integrantes da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago continuaron a súa peregrinación ata a capital de Galicia desde a catedral da cidade portuguesa de Porto

75 participantes na etapa entre Ponte de Lima e Rubiães Amigos do Camiño Portugués a Santiago

Integrantes da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago realizaron este domingo unha nova etapa na peregrinación que realizan ata a capital de Galicia adoptando as medidas sanitarias.

Nesta ocasión, a etapa transcorreu entre Ponte de Lima e Rubiâes coa participación de 75 persoas. A peregrinación iniciábase na catedral da cidade de Porto, segundo explica o presidente da asociación Tino Lores. 

O vindeiro domingo 20 está prevista a realización da quinta etapa entre Rubiâes e Valença do Minho, un percorrido que dará por finalizada a peregrinación en terras de Portugal.

Esta actividade é aberta e poden participar todas aquelas persoas que o desexen co obxectivo de visibilizar o Camiño Portugués a Santiago, segundo explica Tino Lores. A idea é recuperar ao longo deste ano a actividade mostrando gratitude ao Apóstolo Santiago por superar os tempos de pandemia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora