77 positivos máis elevan a 1.229 os casos activos na área sanitaria

Pontevedra
07 de novembro 2020

Este sábado 7 de novembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 67 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización dos que 49 están no Hospital Montecelo, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 17 no Hospital do Salnés. Ademais hai 4 pacientes covid na unidade de coidados críticos de Montecelo

Evolución do casos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra
Evolución do casos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra

Este sábado 7 de novembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 67 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización dos que 49 están no Hospital Montecelo, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 17 no Hospital do Salnés. Ademais hai 4 pacientes covid na unidade de coidados críticos de Montecelo.

Son 77 casos positivos máis nas últimas 24 horas, o que fai un total de 1.229 casos activos nesta área sanitaria dos que 1.158 casos evolucionan nos seus domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 2.733 pacientes (42 máis que no día de onte) e morreron por este virus na área sanitaria 34 pacientes. O último falecemento tivo lugar este venres en Montecelo, un home de 82 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto á realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 1.080, que se engaden ás 71.035 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

RESIDENCIAS

A Xunta tamén notificou novos casos positivos en residencias de maiores. Nesta área sanitaria notifica un novo positivo en 1 usuario da residencia Nuestra Señora de la Asunción (Caldas de Reis) e en 7 usuarios e 5 traballadores de DomusVi Ribadumia.

A día de hoxe son 441 os usuarios de residencias infectados en toda Galicia e 256 traballadores destes centros da terceira idade.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.276, deles 1.886 son da área da Coruña, 1.157 da de Lugo, 1.096 da de Ourense, 1.229 da de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 da de Santiago, e 1.089 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 84 están en UCI, 495 en unidades de hospitalización e 9.697 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.955 persoas curadas, rexistrándose 976 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 738.753.