800.000 euros para "poñer de punta en branco" papeleiras, bancos e marquesiñas

Pontevedra
19 de setembro 2024

O Concello de Pontevedra vai contratar e subministración e instalación de elementos para a renovación parcial do mobiliario urbano. Por exemplo, prevé renovar 271 papeleiras e preto de 250 bancos.

Papeleira con lixo
Papeleira con lixo / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra aprobou o inicio do proceso de contratación dun contrato que suporá "poñer de punta en branco o centro urbano". 

Así o anunciou este xoves a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, que sinalou que se vai contratar e subministración e instalación de elementos para a renovación parcial do mobiliario urbano.

A Administración local investirá 800.000 euros na renovación de papeleiras, bancos, marquesiñas, varandas e colectores da cidade.

Vilaverde informou que a aprobación deste contrato foi un dos acordos da Xunta de Goberno local e quixo destacar que "para nós é importante", pois supón cumprir un obxectivo que se marcaran para este 2024 "por orde do alcalde", priorizar o mantemento e mellora dos espazos da cidade.

O contrato inclúe cinco lotes distintos para a renovación de papeleiras (300.000 euros), bancos (125.000 euros), marquesiñas (75.000 euros), varandas metálicas (41.800 euros) e colectores de residuos (258.120 euros).

Así, por exemplo prevé renovar 271 papeleiras e preto de 250 bancos

Xa se realizou un traballo de revisión para ver cales se podían mellorar con mantemento e cales deberían ser mudados completamente e agora continuarán con este traballo.