Todo un exemplo de mulleres emprendedoras e pioneiras, que durante décadas compatibilizaron a súa carreira empresarial coa vida familiar.
É a traxectoria que quixo recoñecer o Concello de Cerdedo-Cotobade no acto organizado con motivo do 8-M, Día Internacional da Muller.
Nunha iniciativa apoiada de forma unánime polo tres grupos da corporación municipal, o Concello homenaxeou catro das súas veciñas, xa xubiladas, nunha xornada celebrada no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo.
Trátase de Inés Cuiñas Vidal, Carmen Vidal Paredes, Alba Sanmartín Serrapio e Digna Filgueira Rodríguez.
Son mulleres que deixaron a súa pegada no municipio co seu traballo durante anos.
Inés Cuiñas Vidal foi propietaria do restaurante Casa Inés en Carballedo; Carmen Vidal Paredes, de Quireza, destacou como taxista; Alba Sanmartín Serrapio rexentou unha panadaría en San Xurxo, e Digna Filgueira Rodríguez foi propietaria dun bar en Xesteira.
Catro exemplos de superación, resiliencia e constancia que recibiron o apoio e recoñecemento dos seus veciños, familiares e amigos.
Durante o eventose procedeu á lectura do manifesto municipal polo 8M.