8M | Cerdedo-Cotobade recoñece cinco mulleres emprendedoras do municipio

Cerdedo Cotobade
08 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O centro cultural Antonio Fraguas acolleu este 8M, Día da Muller, a homenaxe que o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade quixo facer á traxectoria de cinco mulleres emprendedoras da vila, pioneiras á hora de compaxinar a dirección dun negocio con sacar adiante ás súas familias

Homenaxe a cinco mulleres emprendedoras de Cerdedo-Cotobade polo 8M
Homenaxe a cinco mulleres emprendedoras de Cerdedo-Cotobade polo 8M / Concello de Cerdedo-Cotobade

O centro cultural Antonio Fraguas acolleu este 8M, Día da Muller, a homenaxe que o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade quixo facer á traxectoria de cinco mulleres emprendedoras da vila, pioneiras á hora de compaxinar a dirección dun negocio con sacar adiante ás súas familias.

As mulleres homenaxeadas foron Marina Fontenla Enríquez, propietaria de Casa Conchi; Belen López Díaz, que rexentou un supermercado en Carballedo durante 32 anos; Josefa Fraguas, que foi dona dun bar en Caroi; Carmen Troitiño, que tivo o coñecido bar O Comareiro, en Cerdedo; e Mar Ambroa, polos seus logros profesionais no sector da cadea mar-industria.

O acto, que foi presentado e onducido pola concelleira Maite Pichel, contou coa lectura dun poema de Rosalía a cargo da edila Galiza Aguete e coa lectura dun manifesto en nome da corporación municipal, que foi lido pola tenente de alcalde, Lourdes Ovelleiro.

Nel, Cerdedo-Cotobade reivindicou o papel da muller na sociedade actual e avogou pola eliminación das desigualdades, a discriminación e a violencia contra as mulleres como eixos fundamentais dunha sociedade avanza e democrática.

As homenaxeadas recibiron un ramo de flores e unha placa conmemorativa e a asociación Femupo, qe coordinou este evento, entregoulles unha lámina coa efixie de Nélida Piñón, unha escritora galaico-brasileira con fondas raícen no municipio de grandes conviccións feministas. 

O alcalde, Jorge Cubela, salientou a importancia da unión política e institucional pola igualdade e rendeu homenaxe ás cinco mulleres como exemplo dunha xeración que afrontou con valentía a responsabilidade de liderar un proxecto emprendedor ao tempo que sacaba adiante ás súas familias.

O rexedor apostou por impulsar políticas tendentes a eliminar a fenda salarial entre homes e mulleres, rachar os teitos de cristal e favorecer o empoderamento feminino.

O acto de homenaxe rematou coa actuación da pianista Andrea García González.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en