8M | 'Feminismo organizado, patriarcado derrotado'

Pontevedra
09 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Ese foi o lema da gran manifestación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, en Pontevedra. A unidade marcou este acto reivindicativo que xuntou a diferentes colectivos feministas ademáis de sindicatos e partidos políticos

Manifestación do 8 de Marzo Mónica Patxot

'Feminismo organizado, patriarcado derrotado', ese foi o lema da gran manifestación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Pontevedra.

A unidade marcou este acto reivindicativo que xuntou a diferentes colectivos feministas ademáis de sindicatos e partidos políticos.

Por citar algúns, nesta mobilización, convocada polo Colectivo Feminista de Pontevedra, participaron a Marcha Mundial das Mulleres, Comando Mazá, Bordadoras Transgénero, Avante LGTB+, Fulanas, os sindicatos CIG, UGT e Comisións Obreiras, e representantes do BNG, Partido Socialista. 

A manifestación saíu da Praza de España e tardou algo máis dunha hora en completar o seu percorrido ata rematar no Palco da Música da Alameda, onde tivo lugar a lectura dun manifesto que comezaba sinalando que "o feminismo pontevedrés, conformado por asociacións e colectivos feministas e LGTB+, sindicatos, partidos políticos e mulleres de a pé, berra unha vez máis por aquelas que non poden berrar e polas que, querendo, non o poden facer".

"A única maneira de combater a nosa precariedade e facer ver as violencias que sufrimos cada día é organizarnos", proclamaba este manifesto.

Ademáis, nesta declaración fíxose referencia á precariedade, á discriminación e á vulnerabilidade, sobre todo das mulleres racializadas, discapacitas ou migrantes. "Ser muller galega e nacer nun contexto occidental non é sinónimo de gozar de todos os dereitos fundamentais", denunciouse. 

O manifesto tamén sinalou as novas formas de explotación e os perigos das redes sociais, advertindo de que "debemos protexer ás nosas cativas desas prácticas e condenar e denunciar a estes influencers que non deixan de ser proxenetas 2.0". "O machismo reinvéntase ante as reivindicacións feministas", alertaron.

"Reivindicamos referente culturais que sirvan de exemplo para a mocidade LGTBIQA+. Sen referentes, a mocidade seguirá agochando a súa identidade", leuse neste manifesto.

O mal tempo condicionou este acto de protesta e impediu o remate que estaba previsto cunha festa na Praza de España.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en