Mulleres pioneiras, fortes, sabias e que abriron camiño.
A elas, as concelleiras que formaron parte das primeiras lexislaturas do período democrático, decidiu adicar o Concello de Marín este sábado 8 de marzo o Día Internacional da Muller.
"As primeiras fostes valentes, destes o paso, orgullosas de dalo e estamos en débeda intensa con vós", explicou nun emotivo discurso a alcaldesa de Marín, María Ramallo, desde o salón dun salón de plenos cheo a rebordar.
"É un luxo teros aqui, a todas, as que desde sempre soamente coa vosa presenza engrandecestes este salón de plenos, as vosas palabras, exposicións, defensas, dialéctica, retumbaron nestas paredes con outro son", sinalou a rexedora acompañada na xornada por un vídeo no tomaban a palabra as protagonistas contando as súas propias vivencias e achegando os seus valiosos testemuños".
As homenaxeadas eran as ex-edísMaría Pilar Calviño Barreiro, María del Mar Santiago Pesqueira, María Luisa Calvar, María José Martina (Marta) Salazar Martínez, Enriqueta Otero Farto, Isaura González Dopazo, Consuelo Carnero Cerviño, María Isabel Martínez Epifanio, Margarita Fariña Pérez e María Isabel González Santiago.
Houbo en especial un espazo para o recordo das que non están, como Marta Salazar Martínez e a súa irmá María Francis (Pancha), que foi concelleira no período preconstitucional.

Un acto máis necesario que nunca porque "a crítica sempre é mais dura de cara ao feminino. E segue séndoo", afirmou na súa intervención María Ramallo defendendo a necesidade de non dar "nin un paso atrás, nin desalento posible".
A alcaldesa reivindicou ademais que "non podemos converter este día nun foco de conflicto e desalento, senón nunha data de acción conxunta onde cada entidade, institución ou asociación colabore e participe aunando esforzos, porque o que nos move é chegar á mesma meta, conseguir a igualdade plena das mulleres na nosa sociedade".
