8M | O proxecto 'Mulleres da vila' cobra vida cunha exposición fotográfica

Pontevedra
08 de marzo 2023

Yoya Blanco, concelleira de Igualdade e Promoción Económica inaugurou a exposición fotográfica de 'Mulleres dá vila' indo polos 15 establecementos que participan no proxecto

Inauguración da exposición fotográfica do proxecto 'Mulleres da Vila'
Inauguración da exposición fotográfica do proxecto 'Mulleres da Vila' / PontevedraViva

Yoya Blanco, concelleira de Igualdade e Promoción Económica inaugurou a exposición fotográfica do proxecto 'Mulleres da vila'. 

'Mulleres da vila' visibiliza e homenaxea ás mulleres empresarias do barrio da Parda, nunha mostra con imáxes por cada unha das empresarias no seu respectivo establecemento. 

Elas son: Mari Carmen Sieiro de Librería A Rotonda; Goreti García empresaria de Entremáns; Rosalía Puga, xerente de Talento Dance Studio; Verónica Vidal, fundadora de Vera Vidal Yoga y Bienestar; Bibian López de O Forno Panadería e Adela de Jesús, empresaria do Centro de día ‘Ao teu lado’.

Tamén participan as empresarias Andrea Vega da Clínica Avegar; Sandra Piñeiro de Psicoeduca; Lucía Cortizo da Tenda Alimentación; Sonia Villanueva de Sonia’s Colors; Jennifer González de Zapateiro do Lérez; Noemí Garrido de Clínica Dental Garrido Madarnás; Eva González de Frutería Eva; María José Pazos do Estudo de Saúde Capilar e Leire Rodrigo de Prisma, un taller de arte e creación. 

Os negocios sitúanse na avenida Virxinia Pereira e nas rúas Gaiteiro Ricardo Portela, A Estrada, Pintor Laxeiro, Abundancia, Rodríguez Seoane e Francisco Tomás e Valiente.

A maiores desta exposición fotográfica realizouse unha vídeo reportaxe, no que expoñen historias persoais e as dos seus locais, ademais de que dan consellos para mulleres que desexen emprender.

Yoya Blanco comenta "queremos render tributo ao traballo destas mulleres emprendedoras do barrio dá Parda, poñendo en valor a coraxe, vontade, carisma e entrega que fixeron posible ou seu éxito profesional e persoal".