8M | Poesía e compromiso en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
09 de marzo 2023

O Concello de Ponte Caldelas celebrou o Día Internacional da Muller cun acto na Casa da Cultura no que se leron varios poemas por parte de colectivos da vila.

Lectura de poemas no Día Internacional da Muller
Lectura de poemas no Día Internacional da Muller / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas celebrou o Día Internacional da Muller cun acto na Casa da Cultura no que se leron varios poemas por parte de colectivos da vila.

A xuntanza contou coa actuación musical do grupo ‘Gure Terra’. Ó remate houbo un petisco de confraternidade para todos os participantes.

A programación deseñada en Ponte Caldelas con motivo do 8M chegará á súa fin este venres 10 de marzo, ás 20:30 horas, coa presentación da novela Frágil. Flores o bombas, que a escritora Chus González, exhibirá na Casa do Pobo de Regodobargo.

Nacida en Pontevedra, a autora reside nesta parroquia ponte caldelá, desde a que escribiu a que é a súa primeira obra literaria. Nela, narra a historia dunha muller que, por motivos que ela descoñece, está illada nun hospital no que tan só a visita o seu home.