Pacientes, cardiólogos, médicos rehabilitadores, fisioterapeutas e profesionais de Enfermería da unidade de Rehabilitación Cardíaca do Complexo Hospitalario Universitarido de Pontevedra (CHUP) realizaban este venres 26 de maio a segunda edición da Andaina Cardiosaudable.
97 participantes iniciaban o percorrido ás 10.00 horas no hospital Montecelo para chegar ata Ponte Bora. Despois regresaban ata a Illa das Esculturas realizando 12 quilómetros de percorrido. Durante o traxecto un vehículo de apoio de Protección Civil Pontevedra acompañaba á marcha nun trazado deseñado por profesionais desta unidade.
Ao finalizar, a Illa das Esculturas acollía unha sesión de exercicios cardiosaludables de forza e de estiramentos.
A unidade de Rehabilitación Cardíaca atende cada ano a preto de 200 pacientes: Os pacientes con patoloxías cardiológicas que participaron desta andaina superaran previamente probas de ergometría e esforzo, baixo o control de persoal especializado.
350 casos anuais de cardiopatías isquémicas son atendidas polo servizo de Cardioloxía do CHUP, que traballa en coordinación coa unidade de Rehabilitación Cardíaca e o servizo de Medicina Física e Rehabilitación.