A actriz Isabel Blanco presentará a Gala da Muller en Cambados o sábado 4 de marzo

O Salnés
01 de marzo 2023

A gala celebrarase no Auditorio da Xuventude e terá a Isabel Blanco como mestra de cerimonias

A actriz e encargada de facer o monólogo "O café das empoderadas" Ariadna Santana
A actriz e encargada de facer o monólogo "O café das empoderadas" Ariadna Santana

A gala celebrarase no Auditorio da Xuventude e terá a Isabel Blanco como mestra de cerimonias.

O evento abrirá as súas portas ás 17:00 horas e a programación comezará ás 17:30 horas coa actuación musical de Mai Châu Flores Gómez, alumna do conservatorio elemental de música de Cambados. A entrada ao acto será libre. 

Tras a actuación, Isabel Blanco presentará a Gala da Muller onde se proxectará un documental dirixido por ela mesma titulado Tralos pasos de María Casares.

A programación continuará ás 18:40 co monólogo O café das empoderadas, coa colaboración de Ariadna Santana.

Tras o monólogo, o evento acollerá ás 19:00 horas a presentación do proxecto Mulleres da Vila, que mostra entrevistas a 15 mulleres empresarias de Cambados. Posteriormente serán homenaxeadas cunha entrega de premios. 

A celebración terminará ás 20:00 horas coa actuación de Raquel Espiñeira, alumna da Escola de Música Municipal de Cambados. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora