A alcaldesa María Ramallo visita a Autoridade Portuaria e distribúe áreas de goberno

Marín
17 de xuño 2019

No seu encontro co presidente Jose Benito Suárez Costa repasaron varios temas que afectan a espazos cedidos polo porto ao Concello como a humanización da Avenida de Ourense unha vez rematen as obras do colector, o proxecto para o paseo Alcalde Blanco ou o futuro auditorio de Marín

María Ramallo e José Benito Suárez Costa
María Ramallo e José Benito Suárez Costa / Autoridade Portuaria do Porto de Marín y Ría de Pontevedra

María Ramallo, alcaldesa de Marín, elixiu á Autoridade Portuaria para a súa primeira visita oficial tras a súa toma de posesión esta fin de semana, co obxectivo de profundar na liña de colaboración e coordinación porto-cidade mantida nos últimas mandatos.

No seu encontro co presidente Jose Benito Suárez Costa repasaron varios temas que afectan a espazos cedidos polo porto ao Concello como a humanización da Avenida de Ourense unha vez rematen as obras do colector, o proxecto para o paseo Alcalde Blanco ou o futuro auditorio de Marín.

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria informoulle do estado do proxecto de ampliación do novo peirao comercial de Marín, cuxa licitación está prevista para o último trimestre deste ano.

ÁREAS DE GOBERNO

A alcaldesa de Marín, Maria Ramallo distribuíu as áreas de goberno entre o equipo de catorce concelleiros. No Concello de Marín existen 7 delegacións xenéricas cuxos delegados formarán parte da Xunta de Goberno local e presidirán a súa correspondente comisión informativa. Son:

  • Manuel Santos Costa é o voceiro do grupo municipal e tenente de alcalde. Levará as áreas de urbanismo, facenda, persoal, vivenda, emprego, empresa, tecnoloxías da información e comunicación e coordinación das áreas de goberno.
  • Marián Sanmartín García, concelleira de medio ambiente, benestar social, igualdade, educación e festas.
  • Antonio Traba Miñones, concelleiro de deporte, gestión de instalacións deportivas, organización de eventos deportivos e xuventude.
  • Pablo Novas Caballero, concelleiro de desenvolvemento rural, servizos, execución de obras nas parroquias, coordinación cos colectivos veciñais e participación cidadá.
  • Cristina Acuña González, concelleira de turismo, comercio, dinamización, parques e xardíns e cemiterios.
  • Francisco José Estévez Salazar, concelleiro de seguridade, policia local, e mobilidade.
  • Beatriz Rodríguez Gómez, concelleira de cultura, patrimonio, normalización lingüística e coordinación actividade cultural e utilización de espazos públicos culturais.

 

Ademais destas sete grandes áreas, o goberno municipal complétase con:

  • Hugo González López, encargado da coordinación das tecnoloxías da información e comunicación.
  • Raquel Soage Gúimeráns, encargada da coordinación de festas e eventos.
  • Mónica Viqueira Rodríguez, encargada da coordinación servicios sociais e igualdade.
  • Antonio Caíña Fortes, encargado da coordinación de actividades deportivas.
  • Manuel Domingos González García, encargado da coordinación da execución de obras e servicios nas parroquias.
  • Elisa Dopazo López, encargada da coordinación cos colectivos veciñais das parroquias.
  • Itcíar Álvarez Tapia, encargada da coordinación da actividade cultural e utilización espazos públicos culturais.