A ANPA San Xosé do CEP Campolongo promove o uso da bici este domingo na Pedalada 2023

Pontevedra
01 de xuño 2023

A saída está prevista ás 12.00 horas deste 4 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. As persoas participantes realizarán un percorrido que comezará no Colexio Campolongo pasando por Eduardo Pondal, Benito Corbal, Peregrina, Raiña Vitoria ata regresar ao centro escolar. Haberá sorteo de agasallos para os escolares que se inscribiron

Pedalada polas rúas de Pontevedra
Pedalada polas rúas de Pontevedra / Diego Torrado

Este domingo 4 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e a Asociación de Nais e Pais San Xosé do Colexio Campolongo celebrará a Pedalada 2023, que chega xa ao seu décimo oitava edición.

O paseo está destinado a escolares, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos do centro acompañados polas súas familias e todas aquelas persoas que queiran inscribirse. Realizarán unha volta, sen ánimo competitivo, en bicicleta ou en calquera outro vehículo de rodas sen motor polas rúas céntricas da cidade.

A intención é realizar unha xornada de convivencia ao aire libre fomentando o transporte limpo e sostible.

Veteranos de Ciclismo Froiz serán os encargados de abrir o pelotón da Pedalada e axentes da Policía Local de Pontevedra e representantes de Protección Civil encargaranse de regular o tráfico durante a actividade. Tamén está prevista a presenza dunha ambulancia da Cruz Vermella, que circulará na parte final da comitiva. 

O percorrido iniciarase ás 12.00 horas do domingo, partindo do centro escolar e realizando un percorrido por distintas rúas achegándose ata Eduardo Pondal, Benito Corbal, Peregrina ou Raíña Vitoria ata finalizar no Colexio Campolongo.

A duración do paseo será de ao redor de media hora e a velocidade máxima establécese en 20 km/h.

Ao finalizar o percorrido, no propio centro, realizarase un sorteo de agasallos entre os escolares participantes con dorsal nun acto animado por Javi Solla.