A antiga Escola de Barro afronta a fase final para transformarse en centro social

Barro
04 de xullo 2018

O Concello saca a contratación este proxecto que conta cun orzamento de 59.985 euros, financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación Provincial

Novo Centro Social de Barro
Novo Centro Social de Barro / Concello de Barro

O Concello de Barro afronta a segunda fase para levar a cabo a transformación da antiga escola, que se atopaba en ruínas, e convertela no novo centro social, que ofreza un servizo para a veciñanza e entidades da contorna.

En 2017 acometíase a primeira fase cun proxecto para reforzar a estrutura e instalar unha nova cuberta. Agora está previsto levar a cabo as obras para finalizar o edificio e que, unha vez, concluídas, poida entrar en funcionamento.

O proxecto conta cun orzamento de preto de 60.000 euros, financiado polo Plan Concellos 2018 da Deputación Provincial. As ofertas terán un prazo de presentación de 10 días hábiles desde a súa publicación.

Xosé Manuel Abraldes, alcalde de Barro, entende que esta intervención axudará a recuperar un edificio cunha estrutura construtiva singular, tan característica das escolas rurais construídas na década dos cincuenta. Ademais, entende, que a súa posta en funcionamento dinamizará a vida social neste municipio