A APDR muda a "Marcha contra Celulosas" para o domingo 25 de xuño

Pontevedra
08 de xuño 2023

Pola coincidencia incompatible con outro acto na alameda de Pontevedra, a APDR tivo que mudar a data inicialmente elixida para celebrar esta manifestación

Cartel da "Marcha contra Celulosas 2023"
Cartel da "Marcha contra Celulosas 2023" / APDR

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), vén de mudar a data inicialmente elixida para a vindeira Marcha contra Celulosas.

Definitivamente vai ser o domingo 25 de xuño ás 12 horas e, como de costume, con saída das alamedas de Marín e Pontevedra.

Baixo o lema xeral "Non renunciamos a un futuro sen ENCE na Ría", esta nova mobilización enmárcase na liña de actuación iniciada coa edición anterior, na "loita polo futuro da comarca" que, segundo entende a APDR, é "un futuro que non ten volta atrás e que pasa inevitablemente pola saída de ENCE da Ría".

O profesor da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, Jorge Rodríguez, será a persoa encargada de ler o comunicado final na Marcha que rematará cunha festa na Alameda de Pontevedra.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora