A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) solicitou ao Concello de Pontevedra que abra unha investigación sobre as obras que está a levar a cabo Ence en Lourizán. O colectivo que preside Antón Masa afirma que a empresa está a realizar traballos nunha franxa de terreo situada entre as instalacións onde se realiza a depuración da fábrica e a antiga planta de decantación de sólidos, na contorna do perímetro exterior próximo á antiga estrada entre Pontevedra e Marín.
Desde a APDR queren coñecer se esas obras contan con licenza ao tratarse dunha construción de formigón armado, cunha estrutura provista de divisións interiores. A asociación teme que esta instalación destínese á circulación dalgún elemento líquido.
Tamén afirman que se están realizando movementos de terras no interior do recinto fabril. A APDR alerta de que no caso de que estas obras carezan de licenza presentarán unha denuncia ao entender que son ilegais. Mesmo sinalan que, dependendo da finalidade e alcance destas operacións, estes traballos poderíanse presentar como causa de caducidade da concesión administrativa en terreos de dominio público.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.