O goberno galego presentou este mércores nun acto na confraría de Raxó o programa específico de intervención comunitaria que se porá en marcha na área sanitaria de Pontevedra e Salnés para a prevención de disfuncións do solo pelviano no colectivo das mariscadoras.
Esta actuación xurde dun acordo a tres bandas entre as consellerías de Sanidade, Promoción do Emprego e Igualdade e Mar que permitirá que máis de 1.400 mariscadoras desta área sanitaria se poidan beneficiar dun programa que ten como obxectivo mellorar a súa calidade de vida.
Na presentación participaron os titulares das tres consellerías, Alfonso Villares (Mar), Elena Rivo (Emprego) e Julio García Comesaña (Sanidade) xunto co xerente da área sanitaria, José Flores, e a matrona do centro de saúde de Baltar (Sanxenxo), Dolores Rodríguez, que explicou o programa.
As accións desenvolveranse a través dun rol proactivo da intervención comunitaria dos equipos de atención primaria, en coordinación coa unidade multidisciplinar de solo pelviano da área sanitaria.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.