Un home de 90 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) converteuse este domingo no sexto falecido con covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en tan só unha semana, e o sexto tamén no que vai de ano.
Segundo o último balance oficial do Sergas, este domingo faleceron en Galicia dúas persoas que fora diagnosticadas por coronavirus, este home de 90 anos e outro de 84 que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Os dos tiñan, segundo a confirmación oficial, patoloxías previas á covid-19.
Este falecido converteuse na vítima número 235 da covid-19 na área sanitaria.
Os seis falecidos desta última semana tiñan todos patoloxías previas e estaban ingresados tres no CHOP e outros tres no Hospital do Salnés. Trátase de dúas mulleres e catro homes de entre 69 e 90 anos.
A semana comezou o luns 3 de xaneiro coa morte dunha muller de 84 que estaba ingresada no Hospital do Salnés e outra de 87 ingresada no CHOP. O martes día 4 faleceron dous homes que estaban hospitalizados no Hospital do Salnés, un de 69 anos e outro de 91. O mércores 5 faleceu un home de 90 anos no CHOP.