A Asociación Alento abre en Pontevedra un punto de información sobre dano cerebral

Pontevedra
28 de setembro 2017

"El objetivo es informar y asesorar a las familias", recoñeceu na presentación do proxecto uno dos responsables da asociación, Gonzalo Mira. Estarán instalados no Espazo Arroelo (rúa Michelena) e atenderán a todo aquel que o necesite tras concertar previamente unha cita

Presentación do punto de información sobre dano cerebral de Alento
Presentación do punto de información sobre dano cerebral de Alento / Mónica Patxot

Informar e asesorar ás familias é o obxectivo do punto de información sobre o dano cerebral que a Asociación Alento acaba de abrir en Pontevedra.

"La idea es centralizar toda la información en un punto y que la familia desde ese momento tenga un respaldo", explicou na presentación do proxecto uno dos responsables de Alento, Gonzalo Mira.

Alento é unha asociación que naceu no ano 2000 con vocación provincial, aínda que a súa principal zona de influencia ata o momento foi a área de Vigo, onde conta mesmo cun centro de día terapéutico.

En Pontevedra o seu punto de información e atención estará situado no Espazo Arroelo (rúa Michelena 11, 3º), prestando un servisio "a demanda", é dicir, concertando unha cita previa a través dos teléfonos 986 229 069 e 672 232 847 ou no correo electrónico [email protected].

Serán profesionais como psicólogos, terapeutas ocupacionais ou fisioterapeutas os que axuden ás persoas que sofren dano cerebral adquirido e ás súas familias. Ademais ofrecerase información sobre servizos e programas de rehabilitación, sobre axudas ou sobre pautas e orientación para a atención de persoas con dano cerebral.

Actualmente o dano cerebral, xa sexa debido a un accidente cardiovascular, traumatismo cranoencefálico ou outras patoloxías, é a segunda causa de discapacidade, a primeira no caso das mulleres segundo recoñeceron na presentación desta iniciativa, financiada coa achega do Plan Social Ence.