A Asociación Camiño Universal a Santiago de Compostela inicia en Poio a Vía de Asia

Poio
03 de agosto 2020

A Vía de Asia iníciase en Combarro e percorre, entre outros puntos, Meis, Caldas de Reis ou Valga. Os participantes entregaron a Luciano  Sobral un obsequio en agradecemento á hospitalidade que se lles brinda desde o  Concello de Poio

Integrantes da Asocación Camiño Universal a Compostela co alcalde de Poio
Integrantes da Asocación Camiño Universal a Compostela co alcalde de Poio / Concello de Poio

Os integrantes do colectivo Camiño Universal a Santiago de Compostela iniciaban, como xa é tradición desde hai unha década, a Vía de Asia desde o municipio de Poio. A comitiva partía este luns 3 de agosto do Concello pontevedrés para atravesar diferentes puntos da provincia ata chegar á capital galega. O alcalde de Poio, Luciano  Sobral, recibía ao colectivo formado, este ano, por unha ducia de persoas, na contorna do pavillón polideportivo da Seca.

Este grupo ten membros de Barcelona, Mallorca ou Santander, entre outras localidades. A asociación caracterízase por realizar o percorrido portando rosas brancas, como símbolo de paz. Na súa primeira etapa, tras pasar a noite nas instalacións do IES da Seca, realizan o tramo ata o Concello de Meis.

A Vía de Asia iníciase en Combarro e percorre, entre outros puntos, Meis, Caldas de Reis ou Valga. Os participantes entregaron a Luciano  Sobral un obsequio en agradecemento á hospitalidade que se lles brinda desde o Concello de Poio. 

Os representantes da Asociación adaptáronse para esta viaxe ás esixencias en materia sanitaria, co uso de máscaras, distanciamento e medidas de hixiene para evitar contaxios.