A asociación contra o cancro terá un mercadiño solidario en Marín

Marín
04 de novembro 2021

Será no patio norte da praza de abastos. Alí se venderán pezas novas e de segunda man, donadas moitas delas por comerciantes de Marín. O mercadiño estará aberto de 10 a 13 horas

Mercadiño solidario da AECC na Praza de Abastos de Marín
Mercadiño solidario da AECC na Praza de Abastos de Marín / Concello de Marín

A xunta local de Marín da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) estará os próximos meses nos locais 1308 e 1312 do patio norte da praza de abastos cun mercadiño solidario para recadar fondos para o colectivo social.

A concelleira Cristina Acuña achegouse ata a praza para coñecer os produtos que se porán á venda e para animar á veciñanza a aportar o seu gran de area nesta causa.

O mercadiño estará aberto os martes, xoves e sábados, de 10 a 13 horas, e haberá tanto produtos de segunda man como novos, que foron en moitos casos doados por comerciantes de Marín.

Desde a AECC de Marín piden á cidadanía colaboración nesta iniciativa solidaria.

As xuntas locais da AECC ofrecen servizos esenciais tanto para os pacientes como para os seus coidadores, apoiando psicoloxicamente e a nivel informativo a todos aqueles que pasan por un proceso oncolóxico.