A Asociación de Canteiros aplaude o traspaso da Escola, con algún matiz

Poio
31 de agosto 2023

"Levamos preto de trinta anos demandando a homologación", é esta reivindicación será unha realidade no curso 2024-25

Acto de sinatura de traspaso da Escola de Cantería á Xunta de Galicia
Acto de sinatura de traspaso da Escola de Cantería á Xunta de Galicia / Deputación de Pontevedra

A Asociación de Canteiros de Poio considera "moi positivo" o traspaso da Escola de Cantería da Deputación á Xunta de Galicia.

"Levamos preto de trinta anos demandando a homologación", é esta reivindicación será unha realidade no curso 2024-25.

Esta asociación tamén valora positivamente a integración destes ciclos de obra civil, pedra natural e artes plásticas, "achamos que deste xeito pode facerse unha formación completa e a escola poderá ser un referente moi importante dentro do sector, estaremos aí para ver que sexa unha realidade".

Ademais, queren que a Xunta de Galicia conte coa Asociación de Canteiros de Poio, no seu nacemento e que se estableza un nexo entre antigos alumnos e nova Escola, "para establecer a posibilidade da mutua transmisión do coñecemento".

Pero a Asociación de Canteiros de Poio tamén critica a acreditación de anos de experiencia laboral polas titulacións de canteiro e mestre canteiro de 3 e 5 anos que considera "insuficiente" xa que asegura que "eses títulos expedidos pola Deputación de Pontevedra ao antigo alumnado deben ter maior valor".

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora