A Asociación Española de la Carretera premia o modelo de mobilidade da Deputación

Pontevedra
19 de maio 2023

A AEC decidiu conceder á institución unha medalla de honra polo seu compromiso coa recuperación do espazo público e recoñece a súa "aposta por que a xente estea en centro de todo o que facemos"

Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial
Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial / Juan Manuel García

A Deputación de Pontevedra suma un novo premio ao seu modelo de mobilidade aplicado na provincia. A Asociación Española da Estrada (AEC) decidiu conceder á institución unha medalla de honra polo seu compromiso coa recuperación do espazo público

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer este venres o recoñecemento, que considera unha "boa noticia" non só para o goberno provincial, "que tamén", senón "para toda a provincia de Pontevedra", en tanto que a confirman como "referencia de mobilidade" de todo o Estado. 

Fiel ao seu estilo de liderado que recoñece o traballo do equipo que fai posible poñer en marcha os proxectos da institución, Carmela Silva quixo recoñece este venres o labor realizado polos deputados Uxío Benítez, Cesáreo Mosquera e Gregorio Agís nesta materia durante o últimos oito anos. 

A AEC agradece a colaboración da Deputación no Congreso Iberoamericano de Seguridade viaria e, segundo Carmela Silva, tamén a súa "aposta por que a xente estea en centro de todo o que facemos".

Así mesmo, a asociación pon en valor os proxectos postos en marcha nos distintos municipios da provincia tanto en materia de infraestruturas como no proxecto Ágora ou as accións para promover a igualdade entre mulleres e homes. 

A presidenta contextualizou este premio no proxecto de mobilidade amable da Deputación que "favorece ás mulleres, ás nenas e nenos, ás persoas con discapacidade" e tamén a economía, o comercio, a hostalería e as zonas rurais, facéndoas máis atractivas.