A asociación veciñal de San Roque reclama ao Concello arranxos para este "barrio abandonado"

Pontevedra
13 de febreiro 2015

A Asociación de veciños San Roque que preside Sabino Martínez dirixiu un escrito ao Concello de Pontevedra no que reclama unha serie de arranxos que considera "necesarios" para o barrio

Afundimento na rúa Irmáns Nodales
Afundimento na rúa Irmáns Nodales

A Asociación de veciños San Roque que preside Sabino Martínez dirixiu un escrito ao Concello de Pontevedra no que reclama unha serie de arranxos que considera "necesarios" para o barrio.

Non é a primeira ocasión na que esta asociación formula estas demandas polo que lamentan que das obras solicitadas "só se asfaltou a praza do Gremio de Mareantes" para acondicionar os espazos de estacionamento.

No seu escrito estes veciños urxen unha solución a unha serie de problemas "dun barrio abandonado onde non se executa nada nin se fan investimentos", afirman.

Na súa relación de actuacións que presenta San Roque para corrixir o "calamitoso estado" que presentan algúns dos seus espazos públicos encóntrase a beirarrúa "afundida" da rúa Irmáns Nodales, xusto fronte ao local social desta asociación.

Ademais piden a reparación da superficie de corcho do parque infantil situado en Ribeira dos Peiraos, ou a reposición da escaleira de pedra eliminada na zona porque resultaba "moi cómoda para a accesibilidade das persoas maiores", entre outras peticións.