A atención ao público regresa ao Concello de Cuntis aínda que só para casos urxentes

Umia
09 de maio 2020

Será a partir do próximo luns 11 de maio e sempre con cita previa para casos que deberán estar "debidamente xustificados", sinala o Concello

Casa consistorial de Cuntis
Casa consistorial de Cuntis / Concello de Cuntis

Coincidindo coa entrada da fase 1 da desescalada, o vindeiro luns 11 de maio, o Concello de Cuntis reiniciará a atención presencial para xestións administrativas.

Así o confirmou o goberno local, aínda que puntualizando que é unha medida pensada "unicamente para casos urxentes e debidamente xustificados", polo que aconsella continuar cos trámites telemáticos na medida do posible.

Para poder acollerse a esta opción presencias, será necesario solicitar cita previa no teléfono 986 54 80 05, e ademais será obrigatorio acudir ao Concello con máscara.

APERTURA DE TERRAZAS

Así mesmo o Concello de Cuntis informou aos establecemento de hostalería do municipio de que se teñen previsto abrir as súas terrazas coas medidas de prevención e limitación de aforo establecidas na fase 1 deberán comunicalo á administración local.

Será o Concello o que certifique que se cumpren as condicións necesarias para a viabilidade da apertura.

As comunicacións deberán realizarse a través dos teléfonos 986 54 80 05 ou 615 19 33 91.