A Audiencia condena a cinco anos de cárcere a un ex socio de Laureano Oubiña

Poio
04 de maio 2013

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acaba condenar a un exsocio de Laureano Oubiña, o vilanovés Secundino Fernández, a cinco anos de prisión e a unha multa de máis de medio millón de euros, ademais do comiso definitivo dos bens que a sentenza considera adquiridos con diñeiro procedente do tráfico de sustancias estupefacientes

Xuizo por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico
Xuizo por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico / PontevedraViva

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acaba condenar un exsocio de Laureano Oubiña, o vilanovés Secundino Fernández, a cinco anos de prisión e a unha multa de máis de medio millón de euros, ademais do comiso definitivo dos bens que a sentenza considera adquiridos con diñeiro procedente do tráfico de sustancias estupefacientes.

Segundo recolle a información do xornalista Víctor Méndez en páxinas do Diario de Pontevedra, a sentenza tamén condena a, Eugenio V.C., veciño de Campelo, a tres anos e tres meses de cárcere e a unha multa de 12.000 euros.

Curiosamente este xuízo por branqueo de capitais resolveuse antes de que os agora condenados sexan xulgados por pertencer, presuntamente, a unha rede que distribuía droga no Salnés, Pontevedra e Andalucía, é dicir, os feitos dos que partiu a investigación por lavado de diñeiro.

A mesma sentenza que condena a Secundino Fernández absolve dos delitos de branqueo de capitais ao seu irmán, a súa exmujer, a súa actual parella e á súa nai, ao considerar que non está o suficientemente acreditado que os bens que posúen adquiríronse con fondos procedentes do narcotráfico.