A Audiencia condena dous homes que foron interceptados con cocaína nun control preventivo en Caldas

Umia
11 de marzo 2022

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro anos e medio e a seis anos e medio de cárcere, respectivamente, a dúas persoas que foron interceptadas con cocaína cando circulaban pola autoestrada AP-9

Xuízo contra dous homes que foron sorprendidos transportando dos quilos de cocaína no coche
Xuízo contra dous homes que foron sorprendidos transportando dos quilos de cocaína no coche / PontevedraViva

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a catro anos e medio e a seis anos e medio de cárcere, respectivamente, a dúas persoas que foron interceptadas con cocaína cando circulaban pola autoestrada AP-9. 

Ademais, a un deles impúxolle o pago dunha multa de 83.100 euros e, ao outro, de 166.200. 

O tribunal relata na sentenza que o 1 de setembro de 2020 os acusados viaxaban nun vehículo cando foron interceptados pola Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, que realizaba un control preventivo de seguridade cidadá, á altura do quilómetro 110 da AP-9, no punto de acceso á peaxe situada no termo municipal de Caldas de Reis. 

Na zona dos asentos traseiros do coche, os axentes interceptaron dous paquetes de cocaína, que ía ser destinada á venda polos condenados, segundo o tribunal, quen indica na sentenza que o prezo de venda no mercado ilícito alcanzaría os 83.100 euros.