A Audiencia Provincial revisará a prisión provisional de dous dos acusados polo crime do Umia

Pontevedra
18 de xaneiro 2014

A Audiencia Provincial de Pontevedra revisará este próximo martes, día 21, a prisión provisional a Jesús Piñeiro e a Héctor Vázquez, dous dos catro acusados polo crime do Umia, no que foi asasinado supostamente por unha débeda de drogas, Enrique Monteagudo Caldas, 'Lucho', un morañés de 29 anos. O xuízo sinalouse para o luns 10 de marzo

Audiencia provincial de Pontevedra
Audiencia provincial de Pontevedra / Mónica Patxot

A Audiencia Provincial de Pontevedra revisará este próximo martes, día 21, a prisión provisional a Jesús Piñeiro e a Héctor Vázquez, dous dos catro acusados polo crime do Umia, no que foi asasinado supostamente por unha débeda de drogas, Enrique Monteagudo Caldas, 'Lucho', un morañés de 29 anos.

O xuízo sinalouse para o luns 10 de marzo, case catro anos dende que tivo lugar este violento suceso acontecido na Pontenova, no municipio de Cuntis, o 22 de xullo do 2010. O tribunal reservou a sala durante tres días.

No banco dos acusados da Sección Cuarta sentaranse: Adrián Ferro Couto, de 23 anos; Héctor Vázquez Liste, de 30 anos; Jesús Piñeiro Mera, 'Chicho', de 55 anos e Borja Coucheiro Sanjurjo, de 25 anos.

Todos eles están en prisión provisional na Lama.

O xuízo íase desenvolver inicialmente o 14 de outubro do 2013, pero a esquizofrenia paranoide que padece Jesús Piñeiro, agravada durante a súa estanza en prisión, obrigou a suspender a vista.

Tanto a Fiscalía coma a acusación particular solicitan vinte anos de cárcere para cada un dos acusados por un delito de asasinato.