A aula CeMit de Cuntis abre o prazo para matricularse no exame de competencias dixitais

Umia
25 de marzo 2021

O prazo estará aberto ata o 3 de abril e os admitidos dispoñerán dun prazo de cinco días para abonar as taxas

Aula CeMIT de Cuntis
Aula CeMIT de Cuntis / Concello de Cuntis

El aula CeMit de Cuntis abre este venres, 26 de marzo, o prazo de inscrición para as probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

A inscrición pode realizarse ata o sábado 3 de abril. O día 5 realizarase o sorteo público de extracción das letras do primeiro apelido para establecela a relación por orde alfabética e publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT, que recibirán unha notificación por correo electrónico.

Os admitidos deberán abonar no prazo de cinco días hábiles a taxa de 10,63 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas aspirantes que non abonen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar rexistrado como demandante de emprego ou por ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Soamente poderase presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas as que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario. Na aula CeMit de Cuntis poderá solicitarse o xoves 6 de maio ás 10.00 ou ás 16.00 horas.