A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra investirá 37 millóns de euros en catro anos

Pontevedra
05 de xullo 2021

Portos do Estado e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra acordan o Plan de Empresa 2021-2025

Imaxen aérea do Porto de Marín
Imaxen aérea do Porto de Marín /

O presidente de Portos do Estado, Francisco Toledo, mantivo este luns unha videoconferencia con José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na que acordaron o Plan de Empresa 2021-2025 para a entidade, período en que se investirán 37 millón de euros.

O Plan contempla un importante esforzo investidor co obxectivo de fomentar a reactivación económica da contorna e atender ás previsións de demanda en canto a servizos e infraestruturas. 

Entre os proxectos programados atópanse os de mellora de calados en accesos marítimos, os de aumento de capacidade das infraestruturas de atracada e almacenamento, actuacións asociadas a seguridade marítima, á sustentabilidade ambiental e á mellora da accesibilidade viaria. 

Ademais, destacan partidas destinadas á remodelación e mellora das instalacións e infraestruturas para o sector pesqueiro, á automatización e monitoraxe da rede ferroviaria e a actuacións porto-cidade.

Durante o encontro de presidentes tratouse ademais do establecemento de coeficientes correctores na taxa do buque, pasaxe e mercadoría e de aplicar diferentes bonificacións para incentivar a captación, fidelización, e crecemento dos tráficos e dos servizos marítimos.