A asociación de veciños Estriceres alertou este mércores dunha vertedura nas augas da contorna do estaleiro de Praceres, afectado o pasado venres por un grave incendio que calcinou dous barcos e parte das súas instalacións. Os veciños observaron unha mancha de cores, "como de gasoil", flotando sobre a superficie mariña na zona de praia do barrio pontevedrés.
Despois de estudar a zona, desde a Autoridade Portuaria tranquilizaron aos residentes ao asegurar que non se trata de ningunha vertedura e que soamente se trata de "a típica película irisada que hai ás veces nas dársenas ou mesmo nas estradas".
"Está o servio de Gardacostas da Xunta e nós mesmos permanentemente inspeccionando a contorna do estaleiro e están a medios anticontaminación postos", detallan desde o porto para desactivar calquera tipo de alarma e tranquilizar á poboación.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.