A Autoridade Portuaria prorroga dez anos a concesión da terminal cuberta

Pontevedra
24 de setembro 2020

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria celebrado este xoves aprobou a prórroga do prazo de concesión da All Wheather Terminal (Terminal Cuberta) por un período de dez anos, tal e commo solicitou Galigrain S.A.U.

Terminal Cubierta
Terminal Cubierta / Autoridad Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria celebrado este xoves aprobou a prórroga do prazo de concesión da All Wheather Terminal (Terminal Cuberta) por un período de dez anos, tal e commo solicitou Galigrain S.A.U.

A Terminal Cuberta é unha instalación multimodal pioneira no ámbito portuario que ofrece servizos de carga e descarga de buques, manexo e distribución de mercadoría e capacidade de almacenaxe nun espazo cuberto e protexido dos elementos meteorolóxicos.

A principal carga que manipula é a pasta de papel producida na fábrica de ENCE e con destino a varios países europeos. A Terminal tamén recibe tráficos de produtos siderúrxicos procedentes de grandes grupos empresariais do sector da automoción, electrodomésticos e outras industrias.

Doutra banda, o Consello aprobou outorgar outra prórroga de dez anos do prazo concesional á empresa Galicia Processing Seafood S.A (GPS) que opera no porto como salga de elaborados de produtos da pesca.

O Porto de Marín consolidouse nos últimos anos como un centro loxístico de recepción, tratamento, elaboración, almacenamento e distribución de produtos pesqueiros conxelados e conta no seu conxunto cunha capacidade de almacenamento frigorífico superior aos 262.000 metros cúbicos. As actividades ligadas ao tráfico de pesca conxelada son ademais das que máis empregos xeran no recinto portuario.