A bibliopraia de Cabeceira animará a xuntar vacacións e lectura durante xullo e agosto

Poio
04 de xullo 2024

No horario de apertura da caseta dos socorristas, os bañistas teñen á súa disposición de libros en préstamo en galego, español e inglés. Ademais dos libros físicos, tamén se ofrece información sobre a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

Natalia Sabarís presentou a bibliopraia de Cabeceira
Natalia Sabarís presentou a bibliopraia de Cabeceira / Concello de Poio

A praia de Cabeceira, en Poio, estrea durante os meses de xullo e agosto o servizo de bibliopraia, co que se busca fomentar a lectura durante as vacacións

No horario de apertura da caseta dos socorristas, os bañistas teñen á súa disposición de libros en préstamo en galego, español e inglés.

Algúns dos exemplares que poden atopar son dos Bolechas, Futbolísimos e O Monstro das Cores para nenos ou El juego de Ripper, de Isabel Allende e La Villa de las telas, de Anne Jacobs para adultos.

Ademais dos libros físicos, tamén se ofrece información sobre a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas: Galiciale, para quen prefira a lectura dixital.

Desde a concellería de Cultura chaman á responsabilidade dos usuarios para que, unha vez rematen coa lectura, fagan a devolución do libro tamén na caseta dos socorristas.

A concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, achegouse este mércores ata a praia, na que xa ondea a Bandeira Azul, para promocionar o servizo.

"Seguro que moitas e moitos lectores aproveitan dos días de sol para ler na praia, ou quizais haxa outros que se animen a adquirir novos hábitos durante as vacacións. Sexa cal sexa o motivo, desde o Concello de Poio ofrecemos diferentes propostas de lecturas, para nenos e adultos, para todas aquelas persoas que queiran disfrutar dun rato agradable na praia", sostivo a concelleira.