A Biblioteca de Campelo será remodelada e pide unha subvención para renovar o seu equipamento

Poio
15 de marzo 2022

Desde o Concello tamén se está a traballar na posta en marcha dun proxecto de rehabilitación do inmoble, para mellorar a accesibilidade e a convivencia

Acceso á biblioteca municipal de Campelo
Acceso á biblioteca municipal de Campelo / PP de Poio

O Concello de Poio pediu unha subvención para dotar de novo equipamento á Biblioteca Municipal, situada en Campelo. 

A concelleira de Cultura e Educación, Raquel Rodríguez (BNG), sinala que a Xunta de Goberno Local aprobou unha solicitude para obter unha achega económica de 23.381 euros a través da liña impulsada pola Consellería de Cultura para a adquisición de fondos que se destinarán á compra de novo mobiliario, ordenadores, equipos de son e material audiovisual.

Raquel Rodríguez indicou que o Concello tamén traballa nun proxecto de rehabilitación integral das dependencias, co obxectivo de "mellorar e garantir a accesibilidade e consolidar a biblioteca como lugar accesible e de convivencia da veciñanza".

A titular de Cultura e Educación fai fincapé na importancia de desenvolver actuacións que axuden a renovar e continuar poñendo en valor a Biblioteca Municipal.