A Bienal de Grenoble, interesada polo modelo urbano de Pontevedra

Pontevedra
10 de marzo 2017

No debate co alcalde de Pontevedra estiveron Thomas Kufen, alcalde de Essen (Alemaña), Huanxun Song, do concello de Suzhou (China); Tim Sadler, do concello de Oxford; Gregor Robertson, alcalde de Vancouver (Canadá) e os concelleiros de Grenoble, Vincent Fristot (Urbanismo) e Lucille Lheureux (Espazo Público e Natureza)

Intervención do alcalde de Pontevedra na Bienal de Grenoble
Intervención do alcalde de Pontevedra na Bienal de Grenoble

O modelo de peonalización de Pontevedra quedou exposto polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na Bienal Cidades en Transición de Grenoble, un evento no que se está analizando a evolución das cidades para convertirse en espazos sostibles e igualitarios.

O alcalde de Pontevedra participaba na mesa redonda 'Transición medio ambiental: da emerxencia ao bo-vivir' na que se facía referencia a unha alternativa real ás cidades invadidas polos coches. 

No debate participaron tamén Thomas Kufen, alcalde de Essen (Alemaña), Huanxun Song, do concello de Suzhou (China); Tim Sadler, do concello de Oxford; Gregor Robertson, alcalde de Vancouver (Canadá) e os concelleiros de Grenoble, Vincent Fristot (Urbanismo) e Lucille Lheureux (Espazo Público e Natureza).

Tratouse a peonalización, a implantación da velocidade 20-30 quilómetros/hora e a "desautoxicación" da cidade analizando os beneficios no campo social, económico e tamén ambiental.