A Boa Vila acolle un novo campamento de verán de Special Olympics, destinado a personas con discapacidade

Pontevedra
24 de xuño 2024

Este campamento de verán é un recurso de conciliación para as familias durante estes meses estivais

Presentación do campamento de verán de Special Olympics
Presentación do campamento de verán de Special Olympics /

Special Olympics Galicia presentou este luns na residencia Afundación de Pontevedra o seu campamento de verán.

Special Olympics Galicia é unha asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual que traballan para promover a súa inclusión social a través do deporte, o lecer, a cultura e o voluntariado.

O seu obxectivo é fomentar as capacidades persoais de cada participante, potenciando características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor e o autodominio, o que se traduce nunha mellora da confianza e autoestima da persoas con discapacidade intelectual.

Os seus campamentos de verán son un recurso de conciliación para as familias durante estes meses estivais.

En Pontevedra participarán 331 persoas, pertencentes a 16 entidades de toda Galicia, que gozarán das súas vacacións na Residencia Universitaria Afundación e da edición especial do programa "Música a flor de pel" que levará a este campamento unha proposta na que se combinan melodías, emoción e sensibilidade.

O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, lembrou que a Xunta pon a disposición de todas as familias galegas o Bono Concilia Familia para axudarlle a facer fronte aos gastos destes campamentos. 

Esta oferta de ocio educativo de Special Olympics Galicia complétase coa da campaña de verán da Xunta que está aberta a todas as persoas con discapacidade e que este ano conta con máis de 11.500 prazas. Ademais, ofértase unha convocatoria específica para persoas con discapacidade con 250 prazas.