A Boa Vila celebra a vitoria de Sudáfrica con cervexas e salchichas alemás

Pontevedra
29 de outubro 2023

Nin a forte borrasca augou a festa do Outubrofest que tivo unha gran concorrencia de público no serán do sábado na carpa instalada na praza de España

Outubrofest
Outubrofest /

Nin a forte borrasca augou a festa do Outubrofest que tivo unha gran concorrencia de público no serán do sábado na carpa instalada na praza de España.

O bo ambiente reinou nesta cita coa gastronomía alemá que propicia cada ano o Pontevedra Rugby Club.

Os asistentes puideron seguir nunha gran pantalla a final do mundial entre Sudáfrica e Nova Zelandia.

O público celebrou a vitoria dos surafricanos que fixeron historia logrando o seu cuarto título mundial tras derrotar a Nova Zelandia, cun xogador menos desde o minuto 27, nunha dramática final da Copa do Mundo que converte aos Springboks na selección con máis Copas Webb Ellis, rompendo ao seu favor o equilibrio a tres títulos cos derrotados All Blacks.

A carpa permanecerá aberta ata o 1 de novembro con distintos tipos de cervexa e variadas clases de salchichas e codillos de porco. A organización dispuxo menús para celíacos e oferta vegana.