Un novo premio da lotería deixou un bo tanto nunha localidade pontevedresa. Neste caso, trátase do sorteo da Bonoloto, cuxo gañador selou o seu boleto nun estanco do Grove.
A combinación cos números 31, 35, 37, 40, 41 e 45 permitiu ao afortunado embolsarse os 283.051 euros do primeiro premio. É o único acertante de primeira categoría neste sorteo.
O gañador selou o seu boleto nun establecemento situado na rúa Peralto 12, un dos despachos receptores que Loterías y Apuestas del Estado ten no Grove.
Polo momento, descoñécese a identidade do agraciado.