A borrasca causa desprendementos na estrada sobre a senda do Lérez

Pontevedra
26 de setembro 2024

O Concello de Pontevedra pechou o acceso á estación de bombeo na entrada á urbanización de Monte Porreiro e tamén á senda do río Lérez para evitar accidentes. Os traballos de reparación xa comezaron este mesmo xoves.

Desprendemento de terras cara a senda do Lérez
Desprendemento de terras cara a senda do Lérez / Concello de Pontevedra

As fortes choivas durante a madrugada deste xoves 26 sobre Pontevedra provocaron un desprendemento de terras na zona da estrada situada sobre a senda do río Lérez.

Por este motivo, o Concello de Pontevedra decidiu pechar a entrada á urbanización de Monte Porreiro.

A senda está acoutada ata a ponte sobre o río que une coa parroquia de Lérez.

Os traballos de reparación xa comezaron este mesmo xoves.

Xaquín Moreda, concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, ten previsto achegarse este venres 27 ata a zona cos técnicos municipais para comprobar os danos ocasionados.