A Brilat organiza unha exposición, un concerto, unha parada militar e o concurso patrullas

Pontevedra
24 de maio 2022

Co obxectivo de dar a coñecer o papel que realiza a Brilat en particular, o Exército ábrese aos pontevedreses nunha nova ocasión para coñecer as forzas que actualmente integran as súas unidades na provincia

Exposición de material da Brilat na Alameda polo Día das Forzas Armadas
Exposición de material da Brilat na Alameda polo Día das Forzas Armadas / PontevedraViva

Co obxectivo de dar a coñecer o papel que realiza a Brilat, o Exército ábrese aos pontevedreses nunha nova ocasión para coñecer as forzas que actualmente integran as súas unidades na provincia.

O calendario de actividades é extenso, desde o 21 de maio ata o 23 de xuño, inclúe unha exposición, un concerto, unha parada militar e o concurso patrullas entre as localidades de Tui e Santiago de Compostela.

O acto central do 56 aniversario de creación da Brilat será o próximo 7 de xuño cunha parada militar na Base Xeneral Morillo.

Entre os actos de conmemoración, o mércores 25 de maio, a partir das 19:30 horas, celebrarase un concerto no Auditorio Sede Afundación a cargo da Unidade de Música da Escola Naval Militar e a Banda de Guerra da Brilat. Haberá acceso libre ata completar o aforo do teatro e interpretarase un repertorio de bandas sonoras de películas e tradicionais cancións militares.

O sábado 28 de maio terá lugar na Alameda de Pontevedra unha exposición estática na que se poderán contemplar os equipos, vehículos e funcionamento de distintos materiais da Brilat. 

Como colofón, entre o 22 e o 23 de xuño o xa tradicional Concurso de Patrullas entre as localidades de Tui e Santiago de Compostela seguindo o camiño portugués, 120 km de duro percorrido no que se poñen a probas as patrullas de diferentes unidades do Exército de Terra e da Armada.

A saída da proba terá lugar o 22 de xuño no Paseo da Corredera da localidade de Tui, xa en Pontevedra realizarase o descenso en rápel voado desde a ponte de Monte Porreiro e o paso e cruzamento do río Lérez a nado, as probas máis espectaculares que se realizan dentro do concurso. O acto de entrega de trofeos, o día 23 de xuño a partir das 19:00 horas coa Praza do Obradoiro.