A Brilat regresa oficialmente de Afganistán a partir deste xoves

Pontevedra
17 de abril 2013

O regreso dos militares, cuxa aterraxe está previsto para as 17.15 horas, supón o inicio oficial do relevo da misión ASPFOR XXXII, se ben nas últimas semanas xa regresaron de forma graduada a España alguos efectivos do continxente

O continxente da Brilat que se encontra despregado en Afganistán dende o pasado outono comeza este xoves 18 de abril o seu regreso oficial a España.

Segundo informou a propia Brigada de Infantaría Lixeira, este xoves chegará ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, o primeiro grupo de militares que poñen fin a preto de seis meses de misión no país asiático.

O regreso dos militares, cuxa aterraxe está previsto para as 17.15 horas, supón o inicio oficial do relevo da misión ASPFOR XXXII, se ben nas últimas semanas xa regresaron de forma graduada a España alguos efectivos do continxente.