A Brilat 'saca os blindados' á rúa

Pontevedra
01 de xuño 2024

A base pontevedresa protagoniza este sábado 1 de xuño unha xornada de exhibición na Alameda para conmemorar o Día das Forzas Armadas  

Exhibición de materiais da Brilat na Alameda
Exhibición de materiais da Brilat na Alameda / PontevedraViva

Achegarse á cidadanía de Pontevedra e dar a coñecer mellor as súas funcións é o obxectivo da exposición de materiais celebrada este sábado 1 de xuño pola Brilat en Pontevedra.

A base militar pontevedresa sacou tanques, vehículos blindados e diverso material á rúa, concretamente á Alameda.

Fíxoo para conmemorar o Día das Forzas Armadas, celebrado oficialmente o 30 de maio.

A exposición quedou inaugurada ao mediodía cun izado de bandeira Cruz do Monumento ao Soldado Descoñecido, dando inicio a unha xornada con peche previsto ás 20.00 horas.