A Burrita quedou en Campolongo este Domingo de Ramos

Pontevedra
10 de abril 2022

Este Domingo de Ramos cada unha das parroquias pontevedresas celebrou a súa propia bendición de Palmas e Ramos. Por decisión das confrarías, este ano tampouco se celebrou a tradicional procesión da Burrita, que permanecerá gardada na igrexa de Campolongo.

Domingo de Ramos
Domingo de Ramos / Cristina Saiz

Este Domingo de Ramos cada unha das parroquias pontevedresas celebrou a súa propia bendición de Palmas.

Por decisión das confrarías, este ano tampouco se celebrou a tradicional procesión da  Burrita, que permanecerá gardada na igrexa de Campolongo.

Segundo explicaron, esta suspensión é unha medida de prevención que se adopta no marco da pandemia da Covid-19, para evitar a concentración multitudinaria que vivía na praza da Ferrería e as rúas do centro histórico.

Ás dez da mañá oficiouse a primeira das misas con bendición, foi en San Francisco, media hora máis tarde tivo lugar na parroquia de San Xosé e ás once coincidiron as cerimonias na Basílica de Santa María e en Santiago Peregrino do Burgo.

A Praza da Leña acolleu a bendición de San Bartolomé ás once e cuarto da mañá.

Ás once e media saíu a procesión en Virxe do Camiño, que tivo a súa celebración ás doce do mediodía e, un cuarto de hora máis tarde, foi a quenda no Bo Pastor de Monte Porreiro.

Finalmente, a última das bendicións foi ás 12.30 horas de novo en Santa María A Maior.