A cadela Guinda axuda a mellorar a lectura dos nenos do Grove

O Salnés
17 de xaneiro 2015

Trátase da primeira vez que este programa educativo se desenvolve na provincia de Pontevedra. Os nenos asistentes lero contos mentres a cadela indicáballes os erros

A cadela Guinda axuda na lectura de contos aos nenos do Grove
A cadela Guinda axuda na lectura de contos aos nenos do Grove / Concellería de Educación do Grove

Chámase Guinda e converteuse nunha sorpresa para os nenos que acudiron á Biblioteca Municipal do Grove durante a mañá deste sábado 17. Durante tres sesións, organizadas pola Concellaría de Educación, esta cadela indicaba os erros que os nenos cometían durante a lectura de contos. Mesmo lles indicaban cando podían continuar con leves toques que daba coa pata. Os nenos leron e interactuaron co animal para explicarlle as palabras da narración que non entendía.

Esta actividade inclúese no programa Perros y Letras Read España, que recolle técnicas desenvolvidas en Estados Unidos coa finalidade de que os nenos melloren a súa lectura. A proposta é individual e mentres o resto de nenos agardan a súa quenda realizan actividades de escritura e de lectura coa persoa do equipo de apoio. Entre as temáticas tratadas analizáronse as necesidades básicas dun can, a hixiene, os coidados, a comida e o sono.

Guinda é unha cadela adestrada especialmente para este programa que traballa baixo a proposta de que os cans son os acompañantes ideais para a lectura porque escoitan atentamente, axudan a que o neno se relaxe, non xulgan nin critican cando hai erros e son menos intimidantes que outros nenos ou que os adultos. Ademais, os nenos ven nos cans un elemento de xogo e non como unha obriga.

Durante tres sábados, 25 escolares do Grove participarán desta iniciativa da actividade extraescolar 'Coñecendo e gozando da biblioteca'.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora