A Cafetería Savoy cambia de propietarios coa intención de reabrir en abril

Pontevedra
27 de febreiro 2013

Os novos propietarios colgaron dous carteis na fachada da histórica cafetería do centro pontevedrés anunciando unha próxima apertura tras o cambio de xestión

Tras dous meses pechada, o futuro da Cafetería Savoy resultaba complicado. Ao longo desta xornada, os novos propietarios deste establecemento pegaron dous carteis anunciando a reapertura do local e o cambio na xerencia, ademais de incluír a fotocopia dun información do xornal La Voz de Galicia, asinada por Elena Larriba.

Nesta noticia indícase que Eduardo Fernández Soto e Daniel Goday Díaz, dous empresarios arxentinos, fillos de españois vanse facer cargo da cafetaría que rexentaba José Ángel Francisco Araújo ata que no pasado nadal decidiu pechar o negocio.

A nova formulación destes empresarios centraríase en que o Savoy fose tamén un lugar de tapeo e de copas. A previsión de apertura trasládana ao longo do mes de abril, tras contratar o novo persoal e realizar algunhas reformas no interior do establecemento.

Ao longo do día, numerosos pontevedreses paráronse ante o Savoy e mostraron a súa satisfacción ante o anuncio dunha reapertura da clásica cafetaría de Pontevedra.