Para o xoves día 21 ás oito e media da tarde está convocado o pleno da Cámara de Comercio para escoller ao presidente en funcións.
Mellor dito, na precaria situación na que está a Cámara, tan só poderán elixir a un vicepresidente primeiro, que tomará o timón da entidade ata as próximas eleccións, previstas, nun principio, para o 2015.
Unha responsabilidade que agora está desempeñando José Manuel Rodríguez Seoane.
Segundo a Xunta só se poderá elixir a un vicepresidente, xa que para renovar a presidencia habería que facer eleccións sectoriais previas co fin de cubrir aos tres vogais vacantes deixadas por Moldes, Pescanova e Montoto.
A Consellería de Industria tutela este proceso que Pontevedra celebra en precario xa que tan só quedan sete dos dez membros que constitúen o comité de dirección. Se se producira algunha renuncia sería inviable o seu funcionamento.