A camelia xa loce na Casa Grande da Finca de Briz

Marín
12 de febreiro 2022

A Casa Grande da Finca de Briz de Marín acolle durante toda esta fin de semana a V Mostra da Camelia, unha ocasión para gozar desta flor que florece no inverno e nestes momentos, en febreiro, atópase no seu máximo esplendor

V Mostra da Camelia de Marín na Casa Grande da Finca de Briz
V Mostra da Camelia de Marín na Casa Grande da Finca de Briz / Concello de Marín

A Casa Grande da Finca de Briz de Marín acolle durante toda esta fin de semana a V Mostra da Camelia, unha ocasión para gozar desta flor que florece no inverno e nestes momentos, en febreiro, atópase no seu máximo esplendor.

O evento conta tamén cunha exposición pictórica de Julia Barreiro, unha acuarelista que preparou traballos con flores que se  mimetizan co ambiente da cita.

A mostra inaugurouse este sábado e estará aberto durante toda a fin de semana. Este domingo, o horario será de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.30 a 20.00 horas pola tarde