A canceira municipal xestionou 344 adopcións de cans no que vai de ano

Pontevedra
17 de decembro 2014

A cifra de animais abandonados recibidos sitúase nos 391, números similares aos do pasado ano. Os Palleiros alerta de que as instalacións se encontran saturadas

Gloria Cubas, Miguel Filgueira e Carmen Vázquez explicaron os datos sobre adopcións caninas
Gloria Cubas, Miguel Filgueira e Carmen Vázquez explicaron os datos sobre adopcións caninas / PontevedraViva

Malia as boas cifras de adopcións, a canceira municipal de Pontevedra encóntrase saturada, segundo aseguraron o concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, e responsables da Asociación Os Palleiros.

ÿ unha situación habitual, posto que as 150 prazas da instalación, aínda en proceso de renovación, quedan pequenas ante o número de abandonos rexistrados.

Así na actualidade son 173 os animais que habitan na canceira, entre eles 35 cachorros. A maioría destes cans, ao redor dun 30%, pertencen a razas utilizadas asiduamente na práctica da caza.

No que vai de ano 2014, a falta de poucos días para a súa conclusión, a instalación recibiu 391 cans abandonados, polas 344 adopcións xestionadas.

Son cifras similares ás de 2013 (401 abandonos e 343 adopcións) que aínda poden aumentar coa chegada das festas do Nadal, se ben Filgueira Filgueira advirte:  "Un can non é un xoguete. Regalar cachorros en Nadal non é unha boa idea, só se hai conciencia do que supón". 

Por outra parte os servizos municipais continuaron durante 2013, en colaboración de Difusión Felina, coa campaña de esterilización de gatos nas rúas da cidade coa intención de controlar a poboación.

Cos animais controlados no presente ano chegouse xa a preto de 190 gatos.

CAPTACIÿN DE FONDOS PARA OS PALLEIROS

O próximo domingo, 21 de decembro, Os Palleiros habilitará un posto informativo na Praza de Ourense para facer chegar á cidadanía o seu traballo e buscar fondos para manter os seus programas de protección animal.

Entre outras cousas poderase axudar á asociación adquirindo por 5 euros un calendario de 2015 realizado por unha voluntaria.