A candidata do PSOE, Ana Couto, promete unha consulta veciñal sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade

Cerdedo Cotobade
07 de maio 2023

A candidata a Alcaldía, Ana Couto, dou a coñecer o equipo co que quere gobernar o concello e parte do seu programa  

O PSOE de Cerdedo-Cotobade presentou a súa candidatura liderada por Ana Couto
O PSOE de Cerdedo-Cotobade presentou a súa candidatura liderada por Ana Couto

No Centro cultural Antonio Fraguas de Carballedo, os socialistas de Cerdedo-Cotobade presentaron este sábado a candidatura coa que concorren ós próximos comicios municipais. 

A candidata a Alcaldía, Ana Couto, deu a coñecer o equipo co que quere gobernar o concello e parte do seu programa.

Ana Couto sinalou que o concello ten que conseguir asentar poboación para non baixar da barreira dos cinco mil habitantes. Para iso considera "indispensable" a aprobación dun Plan de Ordenación Xeral "que permita crear solo industrial e que os núcleos de poboación medren". 

"Pero, sobretodo, hai que apostar polos servizos públicos de calidade, por axudar a conciliar a vida laboral e familiar, levar o saneamento a todas as parroquias, mellorar o transporte público dentro do municipio e cos municipios limitrofes", dixo a candidata socialista.

Ademais, Couto, comprometeuse a realizar unha consulta popular na que a veciñanza valore os resultados da fusión e decida sobre a súa continuidade.

Este ano, o PSOE aposta por unha renovación nos primeiros postos da súa lista. Comezando pola candidata á alcaldía, a actual voceira Ana Couto, o número dous é Manuel Alonso, a número tres Lorena Durán e o número catro Ismael Ferrón.

Completan a lista: Regina Sobral, Jose Antonio Pazos, Geli Torres, Jesús Moldes, José Luis Quintáns, Tamara Castro, Gerardo Rey, Francisco Corzo e Lina Garrido.